A privacidade nas redes sociais na Radio Galega (e a obsolescencia do papel para a prensa)

Esta mañá fixen unha breve intervención no programa Galicia por Diante da Radio Galega sobre a privacidade na Internet co gallo do anuncio de Facebook de que vai plaxiar...

Kiko Novoa presenta Galicia por Diante
Esta mañá fixen unha breve intervención no programa Galicia por Diante da Radio Galega sobre a privacidade na Internet co gallo do anuncio de Facebook de que vai plaxiar descaradamente o sistema de Google+ para compartir contidos, ou sexa, que vai facer doado definir quen pode ver o que subimos a Facebook, aínda que eu insisto en que o importante a este respecto non son as plataformas, senón a educación:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.


Completou a miña intervención o profesor José Luis Orihuela, o que fíxome bastante ilusión porque hai tempo que non coincido con el no mundo real. Curiosamente hoxe mesmo publicou no seu blog un vídeo do que tamén gustei, sobre a dixitalización da prensa:

Este anuncio da revista brasileira Veja quere dar a entender que as novas xeracións comezan a estar incómodos cos vellos soportes, que non ofrecen características ás que están afeitas, como agrandar as imaxes ou reproducir vídeos. E aínda que pareza esaxerado, un amigo comentoume hai uns meses que a un dos seus fillos cativos pasáballe exactamente o mesmo (intentaba agrandar as fotos en papel cos dedos).
Nena coa revista Veja
Parece unha parvada, pero para moitos o papel está a quedar totalmente obsoleto, non só pola frecuencia de actualización, senón porque carece de interactividade e non está adaptado para o fluxo de información co que traballamos hoxe, no que as novas chegan a través de grandes medios para fluír logo a través das nosas redes sociais.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS