A Nintendo 3DS aínda máis barata

Cando a finais de marzo chegou ás tendas a Nintendo 3DS a un prezo de 249 euros, había unanimidade en que tal prezo estaba pensado só para early adopters...

Presentación da 3DS en Madrid
Cando a finais de marzo chegou ás tendas a Nintendo 3DS a un prezo de 249 euros, había unanimidade en que tal prezo estaba pensado só para early adopters que quixeran facerse coa consola nos primeiros meses (cando aínda habería poucos xogos) e que, atendendo a outros precedentes, o prezo manteríase ata pasado o Nadal, de xeito que só pagarían o valor inicial da consola os caprichosos, pero como o factor da pantalla 3D da consola en vez de incrementar as vendas causou o efecto contrario (sospeito que pola incidencia dos medios de comunicación de masas que insistían en que as 3D marean, cando iso só acontece a algunhas persoas, e nin sequera é o máis importante da consola) polo que Nintendo veuse forzada a rebaixar o prezo da 3DS antes do programado, polo que dende a semana pasada xa estaba dispoñible a 169 euros, o que fai que a 3DS sexa máis económica que a Nintendo DSi XL, o que case resulta ofensivo (pois tecnoloxicamente están moi distantes).

Nintendo 3DS azulPero, ¿é posible conseguir a consola aínda a mellor prezo? Existen varios métodos, como mercala nun pack con algún xogo (co que normalmente afórrase algo), buscar ofertas puntuais (que hai) ou utilizar o truco da importación, pois resulta que a Nintendo 3DS está á venda no Amazon británico por 129,91 £ (148,23 €) incluíndo portes (pois supera as 25 £). ¿Cal é a pega de mercala alí? Pois principalmente que o adaptador de corrente é para enchufes británicos, o que ten varias solucións:
– mercar un adaptador de enchufe (pouco recomendable)
– reciclar un adaptador doutra DS (resulta que a 3DS utiliza os mesmos adaptadores que as súas predecesoras)
– mercar un adaptador de corrente europeo barateiro (en DealExtreme véndenos a 2,23 € con portes incluídos)
Deste xeito a Nintendo 3DS é toda unha ganga, pois pode mercarse por uns 150 euros (o que lle custou a moitos a súa primeira DS), conserva a compatibilidade cos xogos de DS/DSi e permite gozar de multitude de títulos novos entre os que é posible conseguir algún a bo prezo:

Super Street Fighter IV 3D Edition Rayman 3D Rabbids 3D Puzzle Bobble Universe
España
Prezos sen oferta
45,95 € 45,95 € 45,95 € 39,95 €
Zavvi.es
Portes incluídos
18,45 € 18,45 € 21,95 € 21,95 €
Amazon.co.uk
Portes incluídos a partir de 25 £
18,99 £
21,67 €
14,99 £
17,10 €
14,99 £
17,10 €
9,99 £
11,40 €

Os xogos da táboa elixinos a conciencia: Super Street Fighter IV: 3D Edition é o mellor xogo de lanzamento da 3DS, Rayman 3D é un remake de Rayman 2 (xogo de plataformas en 3D na liña do Mario 64), Rabbids 3DS é un plataformas moi na liña do Super Mario Bros e o Puzzle Bobble Universe é o típico xogo das bolas, ao que as 3D non engaden nada, pero que garante moitas horas de xogo.

Tamén hai prezos semellantes con outros xogos de lanzamento (coma o de coches Ridge Racer 3D ou o Ghost Recon: Shadow War), polo que quen queira mercar agora a consola para non ter que agardar a que saian os grandes xogos de 3DS (en setembro chega Star Fox 64 3D, en novembro Super Mario Land 3D, en decembro Super Mario Kart 7 e outras estreas fortes demoráronse a primeiros de 2012, pois supoño que esperan a despois de Nadal para pillar un parque de consolas maior) ten unha excelente oportunidade.

Por se acaso, tamén aviso aos máis arriscados de que as flashcart para 3DS non serven para xogar a títulos desta consola, senón que só funcionan cos xogos de DS/DSi, polo que principalmente servirían para curar o mono de xogos mentres non haxa máis títulos de 3DS no mercado ou para, simplemente, poder gozar de xogos vellos no caso de decidir vender a vella consola e os seus xogos para mercar a nova (algo bastante habitual).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS