Semana de novidades en La Voz de Galicia

Esta semana está a resultar dixitalmente intensa para o xornal La Voz de Galicia, pois o pasado xoves botou a andar a plataforma de distribución dixital Kiosko y más,...

A Voz lendo La Voz
Esta semana está a resultar dixitalmente intensa para o xornal La Voz de Galicia, pois o pasado xoves botou a andar a plataforma de distribución dixital Kiosko y más, de xeito que podemos acceder a unha versión en PDF enriquecida do xornal galego dende a web ou dispositivos como o iPad pagando 0,79 euros/exemplar o 9,99 euros/mes, converténdose nunha opción moi práctica especialmente para os que viven fóra de Galicia e queren estar ao día do que acontece aquí; e onte a través de Twitter adiantaban o seguinte:

La Voz irá un paso más allá este domingo al poner en marcha una iniciativa digital exclusiva en Galicia…less than a minute ago via HootSuite Favorite Retweet Reply


Dado que A Voz xa ten a súa discografía en iTunes, poucas alternativas quedaban, e esta tarde confirmaron que xa era posible acceder á novidade dixital que pode descargarse en segundos.

E si, xa está dispoñible, o que parece que será un paso que van a seguir outras publicacións galegas nos vindeiros meses. Resultará moi interesante saber se esta iniciativa ten boa acollida en Galicia (non podemos esquecer que o dispositivo ao que vai dirixida ten unha distribución moi reducida) e se iso facilitará o futuro dos medios impresos nun formato semellante ao actual.
Para non estragarlle a moitos a sorpresa, non comentarei máis hoxe, e xa mirarei de falar do asunto con profundidade máis adiante.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS