• Que teremos na HobbyCon deste ano?

    Mañá bota a andar a nova edición da HobbyCon no PALEXCO, e xa temos un par de mapiñas para non perdernos: ¿TARDIS? ¿Teremos unha TARDIS? Non vou chorar de emoción. Non vou chorar… E logo, mogollón de actividades repartidas polas distintas zonas: Isto xa parece un festival musical do...
  • Esta semana temos HobbyCon

    Lembrade que esta semana temos no Palexco a segunda edición da HobbyCon: Promete ser un evento moi interesante e variado, con actividades moi distintas cada día (recoméndase botar un ollo á súa páxina de Facebook para estar ao día das actividades). Entre as moitas sorpresas confirman que estará presente...
  • É a hora dos Teletibus

    Tras o éxito do vídeo musical do Fertimón, dende Páramo Pictures conseguiron repetir o éxito versionando de xeito enxebre a Adrenalina de Wisin (superando o millón de reproducións): Non conformes con iso, e como a súa cabeciña non para, non se lles ocorreu outra cousa que facer burla do...
  • Falta pouco para que teñamos un parlamento.gal

    Este é un ano histórico para a Internet galega grazas ao nacemento do dominio .gal, que polo momento ten só unha páxina web creada especificamente baixo tal sufixo, e que está a preparar a primeira onda de activacións, que sería dun máximo de 90, e que transcorrerían a partir...
  • Ligar co iPhone xa non se leva

    Unha divertida curtametraxe amósanos o perigoso que pode ser para un iPhonero abordar a unha rapaza que coñeza as vantaxes de Android e que non se deixe levar polo deseño de Apple: Está visto que para ligar o iPhone xa non farda. Cando menos espero que non se estilen...
  • OK Go demóstranos que non podemos fiarnos da nosa propia vista

    Hai anos que non falo dos mozos de OK Go, pero o seu último vídeo musical, do que sei da súa existencia a través de Microsiervos, fai inevitable lembralos, xa que conseguiron xuntar nunha única peza audiovisual unha chea de ilusións ópticas que sorprenden moito e a algún poden...
  • Falando de redes sociais en La Opinión

    Por mor da teima do Goberno de querer regular todo o que escapa do seu control, dirixiron a mirada nas últimas semanas ás redes sociais, polo que dende o diario coruñés La Opinión convidáronnos a debater sobre o tema a tres apaixoados da materia (o avogado Víctor Salgado, o...
  • Que foi do blogomillo?

    Hai un par de semanas, Manuel Gago participou no programa Metrópoles Delirantes (no que me pitaron os ouvidos ao citarme por mor dunha confusión entre os nomes Código Cero e Capítulo 0), comentando que o seu blog é o máis antigo do chamado Blogomillo (naceu a finais de 2003),...
  • PSY de resaca

    Coido que PSY quere conseguir un terceiro super-éxito, e tras arrasar co Gangnam Style e Gentleman (e a polémica co videoclip deste último tema) une agora forzas con Snoop Dogg e estrea Hangover: A canción é repetitiva e sen granes alardes, pero o vídeo é divertidísimo (aínda que supoño...