2 Xullo, 2014
Mañá bota a andar a nova edición da HobbyCon no PALEXCO, e xa temos un par de mapiñas para non perdernos:
¿TARDIS? ¿Teremos unha TARDIS? Non vou chorar de emoción. Non vou chorar…
E logo, mogollón de actividades repartidas polas distintas zonas:
Isto xa parece un festival musical do verán, no que encabrona que toquen dous grupos que che interesan á mesma hora e en distintos escenarios. Tamén hai que ser un auténtico criptoanalista para saber o que son algunhas actividades que, sen coñecer os detalles, prometen ser moi divertidas. O que estou certo que non conseguirán é que o presentador do Saber y Ganar do Doutor Who teña a habilidade de manterse ao longo no tempo coma Jack Harkness ou Jordi Hurtado. 😀
Debe estar conectado para enviar un comentario.