• Mañá celébrase o San Caralampio en Melide

    O San Caralampio é a festa etílica melidense que se celebra o segundo domingo do mes de setembro en boa medida para andar de troula sen os jolines, ou sexa, que é unha festa de consumo interno, de aí que lle chamen A Nosa Festa. Eu non gusto do...
  • Denuncian por inxurias a Warda (por comentarios neste blogue)

    Teño comentado moitas veces que na Internet hai que ter coidadiño co que se di, que queda escrito e non é o mesmo que falar nun bar que facelo nun medio accesible por todo o mundo en todo momento (vaia, que é semellante a publicalo nun xornal). Por desgraza,...
  • Chega aos fogares melidenses a revista O Cruceiro

    O Concello de Melide vén de publicar o primeiro número do que se supón que será a súa revista oficial, O Cruceiro: O Concello de Melide edita O Cruceiro, revista de información municipal A publicación, que esta semana está chegando a todos os domicilios de Melide, recolle proxectos desenvolvidos...
  • Mercamelide: as segundas partes non teñen por qué ser malas

    A pasada fin de semana celebrouse a segunda edición de Mercamelide, e parece que a cousa saíu bastante ben: Éxito de participantes e vendas na segunda edición de MERCAMELIDE Trinta e unha firmas comerciais de Melide reuníronse esta fin de semana no Pazo de Congresos nunha feira de oportunidades...
  • Fernando Vázquez Arias dá a súa versión sobre a polémica coa Banda e a Orquestra

    Escríbese un novo capítulo da polémica suscitada entre o Concello de Melide e as formacións musicais municipais, dándose a coñecer desta volta a versión de Fernando Vázquez Arias, aínda que misteriosamente aparece en La Voz coma Francisco Álvarez Arias (¡só acertaron un apelido!): El director de la Sinfónica de...
  • Polémica política no San Roque melidense

    Nos comentarios deste blog critican que o Concello utilice a súa web coma medio de comunicación do BNG, e eu non podo facer máis que coincidir en que non me parece normal que dende o Goberno local se empregue un medio oficial para criticar á oposición. Para iso deberían...
  • A banda larga galega é moi estreita

    Cando moitos blogueiros galegos nos xuntamos nos Pendellos de Agolada, a xente do lugar se queixaba de que aínda non podía acceder á Rede por banda larga, e agora no Anuario Económico do 2008 publicado por La Caixa deixa constancia dos datos reais en 2007, relatando unha situación realmente...
  • Peregrinos e Ezequiel, unha combinación infalible

    El Correo (o vasco, non o compostelán) publica un artigo no que fan toda unha defensa da polbería de Ezequiel: El secreto del pulpo de Ezequiel La tradición empuja a los peregrinos a una vieja pulpería de Melide para comer raciones de ‘a feira’ con cachelos y vino Ribeiro....
  • Vivir Aquí… en Millí

    Antonte no programa Vivir Aquí da TVG dedicaron unha reportaxe a reivindicar a celebración do concurso Miss Terceira Idade en Melide, como se fixo ata o ano 2006: Eu non entendo por qué hai agora polémica cando non houbo concurso en 2007. Se tiña tanta demanda social, ¿non debería...