Vivir Aquí… en Millí

Antonte no programa Vivir Aquí da TVG dedicaron unha reportaxe a reivindicar a celebración do concurso Miss Terceira Idade en Melide, como se fixo ata o ano 2006: Eu...

Vivir Aquí
Antonte no programa Vivir Aquí da TVG dedicaron unha reportaxe a reivindicar a celebración do concurso Miss Terceira Idade en Melide, como se fixo ata o ano 2006:

Eu non entendo por qué hai agora polémica cando non houbo concurso en 2007. Se tiña tanta demanda social, ¿non debería terse pedido ao Concello antes do verán?

Supoño que para a meirande parte dos melidenses que se celebre ou non o certame resulta indiferente, pero a nivel galego o resultado podería ser moi distinto, pois hai moitos seguidores deste tipo de troulas e foliadas que se organizan por toda a nosa xeografía.
O asunto parece formar agora parte da loita política, pois en El Correo Gallego publicaron o pasado día 3 o seguinte:

El PP de Melide critica el cese del certamen Miss Galicia Terceira Idade
El PP de Melide criticó ayer en un comunicado que el ayuntamiento se haya quedado sin el certamen Miss Galicia Terceira Idade, porque “BNG e PSOE deixaron de organizalo”. Esta situación lleva, según los populares, a que “perda un festexo que se celebrou durante 17 anos e a que o acolla outro concello debido á deixadez que cos maiores está tendo o bipartito”. Así, la celebración, que tenía lugar “o primeiro domingo do mes de xullo”, se convertía en un punto de referencia “ao que acudían miles de persoas de toda Galicia para desfrutar dunha festa única”. Desde el PP piden al gobierno que “recapacite” .

En parte hai que recoñecer que é unha mágoa que este ano Melide non saíse en toda a prensa galega co gallo do certame de beleza, pero supoño que as prioridades do Concello foron outras, e non esquezamos que durante todo o mes de xullo se está a celebrar un Festival das Artes e das Letras sen precedentes na vila. Para gustos, cores.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS