Chega aos fogares melidenses a revista O Cruceiro

O Concello de Melide vén de publicar o primeiro número do que se supón que será a súa revista oficial, O Cruceiro: O Concello de Melide edita O Cruceiro,...


O Concello de Melide vén de publicar o primeiro número do que se supón que será a súa revista oficial, O Cruceiro:

O Concello de Melide edita O Cruceiro, revista de información municipal
A publicación, que esta semana está chegando a todos os domicilios de Melide, recolle proxectos desenvolvidos polo equipo de goberno neste primeiro ano de mandato e tamén liñas de traballo futuras.
Portada do nº 1 de O CruceiroAo longo desta semana os veciños e veciñas de Melide están a recibir nas súas casas a nova revista municipal que vén de editar o Concello. Baixo o nome de O Cruceiro, o equipo de goberno fai balance deste primeiro ano á fronte da xestión local de Melide, e avanza tamén algúns dos proxectos futuros.
O equipo de goberno distribuíu esta revista a todas e cada unha das vinte e seis parroquias que integran o Concello de Melide, a fin de achegar “unha ferramenta de comunicación e de información sobre o traballo do equipo de goberno”.
A revista municipal conta ademais cun espazo de opinión para os tres grupos políticos que integran a corporación municipal. Este primeiro número está composto por vinte páxinas, a maior parte delas dedicadas a noticias breves con imaxes sobre os proxectos xa realizados neste ano. As últimas follas da publicación recóllense baixo o epígrafe “Futuro en proxectos”, no que se recollen doce iniciativas inmediatas no Concello de Melide, como a instalación dunha rotonda no cruce de Santa María, a reforma integral do parque infantil do Multiusos ou a reforma do albergue de peregrinos.
A maiores do envío realizado xa a través do correo ordinario, todas as persoas que queiran facerse cun exemplar de O Cruceiro poden solicitalo na Casa do Concello, ou ben descargala á marxe dereita deste texto.

Por fortuna tamén podemos descargar a publicación en formato PDF, de xeito que os que non estamos en Melide a podemos ler sen problema.
Un dos detalles cos que estou máis sorprendido é que na revista hai poucos fallos ortográficos (aínda quedan tiles mal postos, erratas e algunha palabra inventada, pero non coma nos folletos que teño visto outras veces, que daba medo mirar para eles). Logo a maquetación é agradable, de xeito que vemos unha exposición ordeada de elementos, sen intentar descubrir a pólvora.
Non gustei da portada, especialmente no encabezado (é cuestión de gustos, pero iso de mesturar granulados con cores planas paréceme algo rariño), e o tacto do PDF non era moi bo 😮

Agora só resta que o Partido Popular de Melide responda cun boletín ou algo semellante (pois non tivo presenza na publicación, aínda que se lle gardou un espazo). Coido que xa vai un ano dende o anterior boletín (e quedaron sen páxina web durante ese tempo), polo que deberían reavivar o debate con algunha publicación.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS