• Xurxo participou na Carreira Pedestre

    Onte o meu irmán Xurxo madrugou para participar na XXIII Carreira Pedrestre Popular de Santiago de Compostela, evento multitudinario que ao estar organizado polo Grupo El Correo Gallego padeceu unha especie de eclipse informativo, de xeito que os medios de comunicación galegos (agás os que están detrás da competición)...
  • Os Melidaos estarán o venres no Luar

    O grupo melidense de música tradicional Os Melidaos actuará o vindeiro venres, 28 de outubro, no programa Luar da TVG. Trátase da primeira segunda actuación do grupo nun programa televisivo e agardan que a xente goce da mesma. Os seis músicos dos Melidaos (Marcelino Vázquez, Pepe Taboada, Pepiño Blanco,...
  • Melide estrea Movida 2.0 grazas ao streaming

    O pasado sábado ás 2 da madrugada a zona dos pubs de Melide acolleu a presentación do proxecto Movida 2.0, que pretende dinamizar a noite melidense apostando polas TIC, o que concretouse nun servizo que vai permitir escoitar a través da Internet a música da discoteca Palladium e de...
  • Continúan os éxitos de Os Melidaos

    O pasado domingo Os Melidaos actuaron en A Coruña e a acollida foi todo un éxito segundo comunican dende a formación melidense: O grupo de música tradicional Os Melidaos abriu o VII Ciclo de Coros Históricos da Coruña, xunto á Coral Ruada de Ourense, cunha gran actuación que foi...
  • Os Melidaos celebran o seu 10º aniversario cunha actuación no Teatro Rosalía de Castro

    Parece que foi onte cando botaron a andar, pero xa levan unha década en activo, e para celebralo, Os Melidaos van a abrir o VII Ciclo de Coros Históricos no Teatro Rosalía de Castro o vindeiro día 9, como comentan nunha nota de prensa: O grupo melidense de música...
  • ¡Infamia!

    Cando hoxe mirei as novas na edición en liña de La Voz de Galicia vin que falaban de Melide e das súas iniciativas de conservación dos xogos populares, pero ao alzar a vista do titular… ¡Infamia! ¡Sitúan a Melide dentro de Arzúa! 😯 Acto seguido fun mirar á edición...
  • VI Triatlón de Riazor

    Esta mañá acompañei ao meu irmán Xurxo á súa segunda triatlón, que é a sexta que se celebra en Riazor (A Coruña) e que resultou unha experiencia moi interesante aínda que a mañá comezase con auga (por sorte, deixou de chover antes do comezo das probas). Xurxo comezou con...
  • O Ferrari máis burro do mundo, na TVG

    Veño de levar toda unha sorpresa ao ver que no Telexornal da TVG sae Melide para reivindicar ao xa famoso Ferrari, burro que está feito todo un campión:...
  • Volve a Melide o certame Miss Galicia Terceira Idade

    Hai cousa de 3 anos o programa Vivir Aquí da Televisión de Galicia daba conta dunha polémica melidense, a cancelación do concurso Miss Galicia Terceira Idade pola falta do financiamento do Concello de Melide, o que o ano pasado volvía a criticar o Partido Popular local, e dentro dun...