VI Triatlón de Riazor

Esta mañá acompañei ao meu irmán Xurxo á súa segunda triatlón, que é a sexta que se celebra en Riazor (A Coruña) e que resultou unha experiencia moi interesante...

Esta mañá acompañei ao meu irmán Xurxo á súa segunda triatlón, que é a sexta que se celebra en Riazor (A Coruña) e que resultou unha experiencia moi interesante aínda que a mañá comezase con auga (por sorte, deixou de chover antes do comezo das probas).
neopreno
Xurxo comezou con moito ánimo, e enfundado en neopreno para flotar mellor e non notar moito o frío da auga do mar.
Vese que o recoñeceron ao chegar, pois ao seu carón pareceume ver a unha muller poñendo un naríz de pallaso para ir a xogo co bromista do meu irmán. 😉

nadando
Xa na auga resultaba imposible distinguir aos competidores, que parecían un banco de atúns preto da costa

percebeiro
Unha testemuña da competición, que madrugara para currar nas rochas, ao ver o panorama de seguro que pensou algo do tipo de: «se traballaran, carallo»

vistas da competición
Iso si, ver a competición coa Torre de Hércules de fondo, cunha praia limpiña e dende as rochas tiña o seu aquel.

Xurxo saíndo da auga
Aínda que o mar estaba bastante revolto, e tragou algo de auga do mar, finalmente o meu irmán logrou saír airoso na proba.
logro desbloqueado

Xurxo en bici
Aínda que é a proba que leva peor, Xurxo non lle deu mal á bicicleta, ¡incluso posaba para a cámara cada vez que pasaba ao meu carón!

Xurxo esforzándose
Aínda que finalizando a proba xa tiña que esforzarse moito máis.

comezando a correr
Pero recuperou folgos cando deixou a bicicleta para correr.

pose gay
«¡Socorro, que me pilla Xurxo!»

Posto 58
E finalmente Xurxo chegou á meta nunha moi digna 58ª posición (había máis de 140 participantes! Nada mal para alguén que non adestraba para o triatlón, e que comezou nas últimas semanas a darlle a tal disciplina. ¡Parabéns, brother!

ACTUALIZACIÓN (12/9/2011): Finalmente publicaron os resultados das probas e Xurxo quedou no posto 53 de 95 (mellorou 5 postos porque a 58ª posición anterior incluía a 5 mozas que chegaron antes que el á meta) con 44 minutos e 42 segundos para superar 300 metros a nado, 12 quilómetros en bicicleta e 2 quilómetros e medio correndo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS