O pasado sábado ás 2 da madrugada a zona dos pubs de Melide acolleu a presentación do proxecto Movida 2.0, que pretende dinamizar a noite melidense apostando polas TIC, o que concretouse nun servizo que vai permitir escoitar a través da Internet a música da discoteca Palladium e de distintos pubs da vila grazas á empresa local Intermax.
Deste xeito, tanto dende o ordenador como de móbiles tipo iPhone ou con Android podemos acceder a páxinas web dende as que escoitar mediante streaming cunha calidade bastante boa a música dos locais melidenses adheridos a esta iniciativa pioneira.
Inicialmente podemos escoitar a música da Palladium en palladium.listen2myradio.com, e a do Q+? en quemais.listen2myradio.com.
O evento captou a atención da Radio Galega, emisora do país que conectou en directo con Javier Mouriño, de Intermax Technology, e Santos López, concelleiro de Turismo de Melide:
Aproveitouse a ocasión para dar a coñecer que a discoteca Palladium ten unha nova páxina web, que está pendente dunha importante actualización que debería de chegar en breve.
En definitiva, que Melide modernízase, e mesmo a movida nocturna aperta as TIC para captar a atención da mocidade de toda Galicia.
Non podo rematar esta entrada sen agradecer a certos espontáneos que se sumaron pola súa propia conta ao photo call da Movida 2.0 con moito humor, o que se agradecía a esas horas, pois rachaban a rutina da presentación. 😀