• #Urxenciers no Francisco Balmis

    Nos últimos anos as series de ficción que botan pola TVG están a conseguir un éxito impresionante, aínda que nalgún caso cústalles un chisco máis conectar coa audiencia, o que parece ser o caso de Urxencia Cero, pois tras un bo arranque, non conseguiu manter o seu pulo inicial,...
  • Pazo de Familia en Código Cero

    Hoxe sae o último número da revista de tecnoloxía Código Cero, na que se inclúen un par de páxinas nas que se aborda a relación da serie de televisión Pazo de Familia coas redes sociais, que quero reproducir a continuación, agradecendo de paso a Cristina López a súa deferencia...
  • Jimmy Kimmel en Batman v Superman

    A boa sintonía de Ben Affleck e Matt Damon con Jimmy Kimmel é evidente dende hai anos, e como mostra diso vén de sorprender ao mundo cunha escena eliminada do novo filme Batman v Superman: Aínda que os cameos do filme están moi ben, coido que os convidados finais...
  • Complétase o tráiler da segunda tempada de Daredevil

    Xa sabiamos que o 18 de marzo Netflix ía estrear a segunda tempada de Daredevil, e finalmente xa temos completo o tráiler do que promete ser unha secuela que mantén intacto o carácter da anterior entrega, ofrecéndonos unha Cociña do Inferno na que se vai desatar o caos por...
  • Sneaky Zebra amósanos o mellor da London Super Comic Con

    Os vídeos de Sneaky Zebra continúan a sorprendernos, permitíndonos en moitas ocasións contemplar os marabillosos cosplays que se poden ver nalgunhas convencións incluso mellor que se estivésemos alí presencialmente grazas a magníficas postas en escenas. Co gallo da London Super Comic Convention que se celebrou a pasada fin de...
  • Gemeliers: a basura da Galega?

    A Televisión de Galicia leva uns días de tolos na Rede, dando a impresión de que estamos en plena retransmisión dos fogos do Apóstolo, xa que tras a vaga de visitas á web da Galega para ver ao fenómeno viral da semana, Manolo de Xaniño, o mércores pola noite...
  • Manolo de Xaniño, o novo herdeiro de Tojeiro

    No ano 1993, moito antes de YouTube, o programa de Televisión Española Código Uno, presentado por Arturo Pérez Reverte, amosou ao mundo a figura de José Tojeiro, un home que acusaba a unhas prestitutas de roubarlle tras botarlle “drogha no Cola-Cao”: Xa en 2007 unha reportaxe de Jacobo Paz...
  • Atravesei unha nube brillante, atraveseeeeei…

    O único uso realmente aceptable para un deses trebellos que chaman hoverboards ou patíns eléctricos está claro cal é: facer de nube Kinton!!! Iso si, para usar o traste sentado coido que hai que ter un control do vehículo nivel ninja....
  • Adeus a unha recanteira moi emprendedora

    Non son un seguidor dos Recanteiros do Luar, recoñézoo, polo que admito que non coñecín a Paula Sueiro até que presentou o seu tema Sinvergüenza no Voces de Galicia de Isidoro Valerio, co gallo do lanzamento da súa campaña de micromecenado para gravar un vídeo musical para a canción....