Sneaky Zebra amósanos o mellor da London Super Comic Con

Os vídeos de Sneaky Zebra continúan a sorprendernos, permitíndonos en moitas ocasións contemplar os marabillosos cosplays que se poden ver nalgunhas convencións incluso mellor que se estivésemos alí presencialmente...

Os vídeos de Sneaky Zebra continúan a sorprendernos, permitíndonos en moitas ocasións contemplar os marabillosos cosplays que se poden ver nalgunhas convencións incluso mellor que se estivésemos alí presencialmente grazas a magníficas postas en escenas.

Co gallo da London Super Comic Convention que se celebrou a pasada fin de semana non foi menos, e aínda que eu admito que do evento me interesaría máis ver a autores de banda deseñada como Brian Bolland, Frank Cho, Humberto Ramos, Marv Wolfman, Mike Zeck ou Gary Frank (entre moitos outros), o nivel de cosplayers convidados tamén foi moi elevado, con figuras internacionais como Enji Night, D-Piddy e Vampy Bit Me, e dende Sneaky Zebra souberon facer unha boa selección de momentos cos que construír un fermoso vídeo musical.

Gústame ver que One-Punch Man comeza a facerse un nome no cosplay, que xa adianten personaxes dos filmes de este ano (como Crossbones), que estean presentes personaxes de videoxogos que saíron na campaña de Nadal ou que incluso unha rapaza tivese o valor de caracterizarse como o Desfibrador das Tartarugas Mutantes. Ah, e o Kylo Solo… en Casa é un esmendrelle.

espadón

Tamén pareceume impresionante o control das armas que teñen algúns cosplayers, así como as coreografías de combates que escenifican. Vese que traballan ben a súa posta en escena, e que cada vez se esforzan máis para que a súa caracterización vaia máis aló de coidar o traxe ou a maquillaxe. O cosplay non é o Entroido, e ten que facerse notar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS