Adeus a unha recanteira moi emprendedora

Non son un seguidor dos Recanteiros do Luar, recoñézoo, polo que admito que non coñecín a Paula Sueiro até que presentou o seu tema Sinvergüenza no Voces de Galicia...

sinverguenza_cd_2e83d7ae03ce9282356a02047a7bd4Non son un seguidor dos Recanteiros do Luar, recoñézoo, polo que admito que non coñecín a Paula Sueiro até que presentou o seu tema Sinvergüenza no Voces de Galicia de Isidoro Valerio, co gallo do lanzamento da súa campaña de micromecenado para gravar un vídeo musical para a canción.

Agora estou triste porque non recibirei nunca o CD asinado que ofrecía Paula aos mecenas do seu proxecto, porque a artista padeceu un accidente na estrada a pasada tarde. Eu só a coñecía dalgún intercambio de mensaxes e pouco máis, e xa sinto pesar por este triste adeus, especialmente por ser unha rapaza tan nova á que lle quedaba moito por vivir. Só podo imaxinar o que están a padecer nestes momentos os seus achegados.

Coido que o mellor que podemos facer neste momento é lembrar a súa obra.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...