-
Nos últimos anos dende a Marvel decidiron que era unha boa idea achegarse aos seus seguidores con películas de animación que saísen directamente en DVD (supoño que ante as decepcións de algunhas das súas series de animación como a de Spider-Man na MTV) e entregaron 4 obras moi recomendables...
-
Non, non, non pasa nada malo. Ninguén da organización da feira coruñesa do cómic ten problemas de saúde (que eu saiba). O que si que confirman é que este ano contaremos coa presenza de Mark Buckingham, un debuxante/entintandor (¿calcador?) que aínda que tamén faga cousas de superheroes coido que...
-
Non gusto das necrolóxicas, e aínda que esta semana me apenou o pasamento do cómico George Carlin (a quen adoro tanto polas súas aparicións nas películas de Kevin Smith como nas de Bill e Ted), a nova que lin hoxe me deixou moi impactado, xa que o debuxante de...
-
Esta ano o Quiosco Alfonso vai estar ocupado durante a celebración de Viñetas desde o Atlántico, polo que as exposicións e charlas terán lugar na sede da Fundación CaixaGalicia, que está a un paso das casetas de venda, pois só hai que cruzar a rúa para chegar ao emblemático...
-
O número 866 de Action Comics (o último en saír en EE.UU.), aparte de retomar ao personaxe de Brainiac cunhas pintas moi clásicas (de cando era metálico) tamén nos presenta nas súas páxinas unha nova invulnerabilidade de Superman: Reproduzo o diálogo: Cat Grant: O mesmo vello Clark, sempre doce....
-
Lin en Culturagalega.org que Edicións do Cumio xa colocou nas librarías o primeiro manga en galego, e non se lles ocorre nada mellor que deixarlle tal honra a unha obra do xénero yaoi, pois Bícame profe narra a historia de amor/desamor dun mozo co seu profesor de instituto. A...
-
Non, non estou a seguir a serie Secret Invasion na súa edición americana, pois agardarei a que chegue a España, pero é imposible permanecer inmune aos spoilers que circulan pola rede coma os que destripan o número 3 da nova saga da Marvel. Lede se queredes, pero a min...
-
Esta semana en Actualidad Económica publican unha tira de Jesús Martínez del Vas na que dá a súa visión sobre o candidato popular máis discutido dos últimos tempos: Xa estou vendo a Mariano cantando “PPerrea, PPerrea”....
-
Dende Bizarro Comics ilustraron os problemas que ten Batman ao actualizar o sistema operativo da Batcomputadora: A verdade é que enfrontarse aos servizos de atención telefónica cun “son Batman” ten a súa coña, pero admito que aínda me molestan máis os atrancos que poñen algúns programas para a súa...