Superman ten un novo poder

O número 866 de Action Comics (o último en saír en EE.UU.), aparte de retomar ao personaxe de Brainiac cunhas pintas moi clásicas (de cando era metálico) tamén nos...

O número 866 de Action Comics (o último en saír en EE.UU.), aparte de retomar ao personaxe de Brainiac cunhas pintas moi clásicas (de cando era metálico) tamén nos presenta nas súas páxinas unha nova invulnerabilidade de Superman:
Páxina 5 de Action Comics número 866

Reproduzo o diálogo:

Cat Grant: O mesmo vello Clark, sempre doce. Incluso fronte a necidade. Canto tempo, ¿non?
Clark Kent: Abofé que si, Stra. Grant.
CG: E segues a levar esas lentes. Deberías pensar someterte ao Lasik. A cirurxía fixo marabillas en min.
CK: Non sabía que usabas lentes.
CG: Non o facía. (pausa) Es doutro planeta, Clark.
CK: Iso me dixeron.

Confirmado, os kriptonianos son invulnerables á silicona. Ou iso, ou adora os donuts de fresa, coma Homer J. Simpson.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS