Manga gai ¡¿en galego?!

Lin en Culturagalega.org que Edicións do Cumio xa colocou nas librarías o primeiro manga en galego, e non se lles ocorre nada mellor que deixarlle tal honra a unha...

Portada de Bícame profeLin en Culturagalega.org que Edicións do Cumio xa colocou nas librarías o primeiro manga en galego, e non se lles ocorre nada mellor que deixarlle tal honra a unha obra do xénero yaoi, pois Bícame profe narra a historia de amor/desamor dun mozo co seu profesor de instituto.
A min persoalmente paréceme unha aposta editorial arriscadísima, pois non creo que ese xénero sexa o que máis vende, e menos ao editalo en galego. Non esqueamos que se trata dun cómic en branco e negro que custa 8,90 euros, polo que os cativos poderán atopar adquisicións moito máis atractivas (e non creo que haxa moita xente que merque un manga gai como agasallo).
Cando menos podemos botar unha ollada ás primeiras páxinas do cómic en formato PDF, e mirar así cómo é ler manga en galego:
spashpagepáxina soltaoutra páxina
Se a estrea do manga en galego fose con algunha das historias sen publicar en España de Akira Toriyama (o de Son Goku) ou de Rumiko Takahashi (a de Ranma) seguro que acadaban unhas vendas moito mellores.
Aparte, se miramos a anterior obra de Kazuma Kodaka publicada en España por Norma Editorial, Kizuna, tratábase dunha serie de 9 números destinada a un público adulto, polo que supoño a nova serie (está só é a primeira entrega de 10) o vai ter complicado para manterse, pois a demanda deste tipo de produtos incluso é pequena a nivel estatal.
Non podo deixar de destacar que xa hai unha versión en español da obra, publicada por El Lago Ediciones, que resulta ser unha filial de Edicións Do Cumio. ¿A qué está xogando esta xente? ¿Estarán simplemente aproveitando os dereitos da colección da nipona Kazuma Kodaka ou pensan realmente que hai un público galego que poida recibir ben este tipo de publicación?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Colección friki dun espectador da Galega

    Hai uns días déuseme por recompilar algunhas das películas e series de televisión en DVD, figuras, e outras curiosidades que teño por casa para demostrar que criarse vendo a...
  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...