Adeus, Michael Turner

Non gusto das necrolóxicas, e aínda que esta semana me apenou o pasamento do cómico George Carlin (a quen adoro tanto polas súas aparicións nas películas de Kevin Smith...

Non gusto das necrolóxicas, e aínda que esta semana me apenou o pasamento do cómico George Carlin (a quen adoro tanto polas súas aparicións nas películas de Kevin Smith como nas de Bill e Ted), a nova que lin hoxe me deixou moi impactado, xa que o debuxante de comics Michael Turner morreu aos seus 37 anos de idade dun cancro.
Sorprendeume moito a nova porque nos últimos meses se editaron en España moitos comics con portadas deste artista, polo que non sospeitaba que estaba loitar contra unha dura enfermidade. Para lembralo, nada mellor que unhas ilustracións:
Poster de Hulkportada alternativa de Civil Warportada dun comic de Battlestar Galactica
Fuxín un pouco das ilustracións de Witchblade (personaxe que pronto contará cunha película, o que supoño que servirá coma homenaxe ao seu principal autor) e outras cachondas nas que era especialista Turner, e destacaría que debuxou tanto para DC (aínda que non foron precisamente os seus mellores traballos) como para Marvel, de xeito que calquera coleccionista de comics de superheroes terá varias portadas deste debuxante na casa.
Sen dúbida, botaremos en falta a un dos portadistas de referencia, aínda que non seremos conscientes da súa falta ata dentro dun ano ou así, cando cheguen as súas últimas obras ás tendas españolas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS