Morte en Viñetas desde o Atlántico

Non, non, non pasa nada malo. Ninguén da organización da feira coruñesa do cómic ten problemas de saúde (que eu saiba). O que si que confirman é que este...

Debuxo de Morte feito por Mark BuckinghamNon, non, non pasa nada malo. Ninguén da organización da feira coruñesa do cómic ten problemas de saúde (que eu saiba). O que si que confirman é que este ano contaremos coa presenza de Mark Buckingham, un debuxante/entintandor (¿calcador?) que aínda que tamén faga cousas de superheroes coido que como mellor se podería definir é coma debuxante Vértigo.
Buckingham é con Chris Bachalo un dos debuxantes das dúas alucinantes miniseries de Morte (El alto coste de la vida e Lo mejor de tu vida) que son auténticas obras de culto na liña Vértigo de DC. Tamén debuxou Fábulas, Hellblazer, Sandman, Batman, Nuevos Titanes, Doctor Extraño, Miracleman, Generación X e Spider-Man entre outras moitas cousas.
Virá acompañado cunha exposición de orixinais na que se poderá botar unha ollada especialmente ao seu bo traballo en Fábulas. Iso si, agardo que o autor compute coma británico e que a súa asistencia non impida que veña algún americano máis coñecido.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS