• Bailando baixo a choiva galáctica

    Por moi divertido que fose o paseo das forzas imperiais pola compostelá Praza do Obradoiro, noutras partes do mundo buscan outros xeitos de dar a nota, e quedei abraiado pola produción que chega dende o Xapón, na que un soldado imperial rende homenaxe a Gene Kelly en Bailando baixo...
  • Olla este trailer, Bubu

    Coido que estou algo desconectado das adaptacións á pantalla grande que están a facerse ultimamente, pois non sabía que estaban en post-produción unha película do oso Yogi, polo que levei toda unha sorpresa ao ver que estreaba trailer: Temo que a película vai repetir os mesmos fallos que outras...
  • Novo vídeo da futura película de Gatchaman

    Xa teño falado de Comando G neste espazo, e o feito de que Imagi Studios (responsables da última película das Tartarugas Ninja na grande pantalla) estean detrás dun novo proxecto titulado Gatchaman éncheme de esperanza, especialmente ao ver que a súa aparencia resulta moi convincente no último anaco de...
  • Películas para o verán (se estivesen en cartel)

    As carteleiras cinematográficas están a ser algo cutres este verán, e para melloralas quero propor que compensen a nova entrega da saga Crepúsculo cunha versión apta para homes: ¿Alguén dubida que tal adaptación funcionaría en taquilla? Pero estamos ante unha película hipotética, mentres que dende Xapón achegan unha película...
  • As forzas do Imperio toman Compostela

    Esta tarde non puiden quedar en Santiago para ver cómo unha formación de Stormtroopers imperiais tomaban a Praza do Obradoiro deixando claro que ante a crise económica non hai monarquía nin República que sirva, e debemos someternos ao Emperador e á férrea man de Darth Vader 😉 Por fortuna,...
  • Parodia porno de The Big Bang Theory

    Non entendo cómo son capaces de facer unha parodia pornográfica dunha serie tan friki e magnífica coma The Big Bang Theory. No pasado xa teño amosado a miña indignación ante este tipo de enxendros, pois aínda que certos casos teñan certa coña, ¿ten sentido parodiar unha comedia? (e de...
  • Ifrit no Fantasporto

    Onte pola mañá, no Bos Días da TVG, Raquel Rosa cachou ao noso benquerido Ifrit no Fantasporto: Ifrit fai un seguimento do Fantasporto para GZnación e para Nova Fantasía (onde conta día a día o máis destacable do festival de cinema fantástico que ten lugar en terras portuguesas)....
  • Percy Jackson y el Ladrón del Rayo

    Os medios non parecen estar a dar moita importancia á nova película Percy Jackson y el Ladrón del Rayo e para min é toda unha mágoa, pois paréceme unha obra basante boa dentro do seu xénero, por combinar con bastante acerto a fórmula das películas de Harry Potter cunha...
  • Avatar, estrea obrigada

    O pasado vernes chegou aos cines españois a película de James Cameron Avatar, que para quen non o saiba, está desenvolvida totalmente en 3D, o que é toda unha revolución audiovisual, superando a moitas películas deste tipo que puidemos ver ata o momento. A película en si mesma é...