Novo vídeo da futura película de Gatchaman

Xa teño falado de Comando G neste espazo, e o feito de que Imagi Studios (responsables da última película das Tartarugas Ninja na grande pantalla) estean detrás dun novo...

Xa teño falado de Comando G neste espazo, e o feito de que Imagi Studios (responsables da última película das Tartarugas Ninja na grande pantalla) estean detrás dun novo proxecto titulado Gatchaman éncheme de esperanza, especialmente ao ver que a súa aparencia resulta moi convincente no último anaco de vídeo da peli que deixaron ver:

Deste clip en cuestión gustome a aparencia dos personaxes, que parece moi ben adaptada; de querer ver acción a mazo, o anterior trailer xa era unha boa proba:

Espero que a película sexa todo un éxito, e que os cativos volvan a levar no pulso reloxos co famoso G á vez que berran ¡mutación!. 😀

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS