Parodia porno de The Big Bang Theory

Non entendo cómo son capaces de facer unha parodia pornográfica dunha serie tan friki e magnífica coma The Big Bang Theory. No pasado xa teño amosado a miña indignación...

Big Bang Theory A XXX Parody
Non entendo cómo son capaces de facer unha parodia pornográfica dunha serie tan friki e magnífica coma The Big Bang Theory. No pasado xa teño amosado a miña indignación ante este tipo de enxendros, pois aínda que certos casos teñan certa coña, ¿ten sentido parodiar unha comedia? (e de vendela nunha edición de coleccionista de 2 discos xa nin pregunto)
O trailer xa dá unha idea do cutre que é esta nova película:

Pensaredes que a cousa non pode ir a peor, ¿verdade? Pois craso erro. Para o mes que vén van lanzar unha nova película na mesma liña:

¡¿Cómo teñen a ousadía de mancillar esta obra mestra?! ¡Lebowski é sagrado! ¡¿Xa non respectan nada?! Nin Star Trek, nin Batman, nin Terminator, nin James Bond… ao final o único método de evitar unha parodia XXX é non ter éxito 🙁

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS