• Nova edición de Mercamelide os días 1 e 2 de setembro

    Supoño que para a semana que vén faranlle publicidade, pero hoxe xa vin na páxina web de La Voz de Galicia o anuncio da vindeira edición de Mercamelide: La feria de saldos de Melide reunirá el 1 y 2 de septiembre a treinta comercios locales Después de un mes...
  • Proxección de <em>Vilamor</em> en Melide

    O outro día xa comentei que o filme Vilamor ía poder verse en Melide este venres, e quero aproveitar o recordatorio para avisar de que é moi probable que en vez de realizarse a proxección na Praza do Convento, teña lugar no pavillón do IES, en previsión de que...
  • O Campionato de Tirapedras xa ten gañadores

    Veño de recibir a nota cos gañadores do Campionato de Tirapedras que tivo lugar esta tarde en Melide: O vasco-ourensán Paco Montanos, vencedor absoluto do VI Campionato de Tirapedras da Galiza Central De notable éxito pode cualificarse o VI Campionato de Tirapedras da Galiza Central celebrado en Melide no...
  • Non gravedes vídeo en vertical

    A xente de Ustream vai permitir que os usuarios de iPhone poidan compartir vídeo en directo cos seus amigos a través de Facebook grazas a unha nova aplicación: Pero ao ver o vídeo de demostración sentín arrepíos, por ver que a xente estaba a colocar o móbil en vertical,...
  • Edilberto Alonso dedica unha canción ao fillo de Ortega Cano (Andrea Alonso songwriting debut)

    ¿Lembrades a Edilberto Alonso? Si, ese cantautor natural de Curtis que acadara certa sona na Internet galega tras dedicarlle unha canción a unha declaracións de Anxo Quintana, e que despois narrou outros momentos da actualidade (como un macrobotellón convocado en Compostela) e repasou a outras figuras públicas como a...
  • Twitter para paspáns

    A moita xente resúltalle complicado entender certos conceptos sobre Twitter, pero o humorista gráfico Alberto Montt soubo plasmalos dun xeito moi gracioso: Por desgraza, coido que só os que realmente saiban algo de Twitter botarán unhas risas coa tira 😉...
  • O San Roque de Melide nas páxinas de La Voz

    Téñome queixado moitas cousas da reducida cobertura que na páxina web de La Voz de Galicia fan ás novas de Melide dende que mudaron o molde da súa páxina web, pero hoxe non esqueceron falar das festas do verán: FIESTAS DE SAN ROQUE Un cartel repleto de bandas y...
  • Campionato de Tirapedras en Melide o vindeiro venres

    Un ano máis comunícanme que o vindeiro venres vai celebrarse en Melide o xa consolidado Campionato de Tirapedras, que nesta ocasión terá lugar na Praza das Coles: Por  sexto ano consecutivo, o casco histórico da vila de Melide será o escenario  de  actividades de posta en valor dos xogos...
  • BWA-HA-HA-HA-HA!

    Unha das cousas que teñen en común moitos dos malos do mundo do cine é a súa risa diavólica, pero moitos outros personaxes poden escachar coa risa do mesmo xeito, como demostra un novo vídeo que hai en YouTube e que promete converterse en todo un clásico: ¿Cal é...