Non gravedes vídeo en vertical

A xente de Ustream vai permitir que os usuarios de iPhone poidan compartir vídeo en directo cos seus amigos a través de Facebook grazas a unha nova aplicación: Pero...

A xente de Ustream vai permitir que os usuarios de iPhone poidan compartir vídeo en directo cos seus amigos a través de Facebook grazas a unha nova aplicación:

Pero ao ver o vídeo de demostración sentín arrepíos, por ver que a xente estaba a colocar o móbil en vertical, o que pode estar ben para unha fotografía, pero é nefasto para o vídeo, principalmente porque aínda que sexa doado xirar o móbil para ver e gravar, non podemos facer tal cos televisores e monitores e, o máis importante, ¡cos ollos! A visión humana é panorámica (por algo os televisores son agora máis anchos que hai 20 anos), non vertical. E tras comentar isto en YouTube, Xoán Castro amosoume un vídeo que coido que pode resultar moi educativo:

Xa sabedes, queda prohibido gravar vídeo en vertical. Non tentedes a George Lucas a que saque unha versión das películas de Star Wars nun formato máis, e coas merdas que incluíu ao remasterizar a triloxía orixinal. Vídeo vertical = caca.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...