• Luthea Salom en concerto esta noite

    Esta noite no melidense Cantón de San Roque a iso das 10 da noite terá lugar un concerto de Luthea (¿Lucía?) Salom: Luthea Salom ofrecerá este sábado un concerto no Cantón de San Roque de Melide A teloneira de Norah Jones, producida por David Bowie, actúa en aberto en...
  • En galego, tes todo por vivir

    Política Lingüística anima dende a súa web a participar nun orixinal concurso no que convidan a xogar coas palabras. Podes solicitar que che manden en soporte físico palabras como galiña, ñañaras, rastrexar ou tartaruga, gañades, destino, nota, tarabelo… e así ata completar 60 palabras que se poden encadear, aínda...
  • Enjuto Mojamuto di adeus cantando

    A segunda tempada de Muchachada Nui despediuse ao grande, especialmente Enjuto, que cantou un tema orixinal que algún que outro friki de seguro que aprende de memoria: Ver letra ▼ Bajándome una peli picantona – ¡bueno, que era porno! – de repente me petó el hard disk – ¡no...
  • I Festival das Artes e das Letras de Melide 2008 e a nova páxina web artemelide.com

    O outro día Patricia de la Torre entrevistou en Correo TV á artista sita en Melide, Rebeca Ponte, e falaron dun festival melidense do que non tiñan escoitado nada, e agora o Concello dá detalles en rolda de prensa. Parece bastante raro que o acontecemento se reparta por todo...
  • Modem USB de Simyo por 99 euros

    A xente que queira facerse cun modem USB para acceder á banda larga móbil durante o verán sen atarse a ningunha operadora de telecomunicacións pode optar por facerse cun Huawei E220, tamén coñecido informalmente coma xabroneira, totalmente libre (ou sexa, que se pode utilizar con varias operadoras sen ter...
  • PLC contra a pedra

    Hoxe en Voces de Galicia Isidoro Valerio sorprendeume preguntándome pola solución tecnolóxica que deberían utilizar nun pazo para montar unha rede Wi-Fi (polos problemas que dá a pedra coas coberturas) e comenteille que o máis axeitado sería distribuír varios router polos pazo, conectándoos ao ADSL (ou conexión de Internet...
  • Morte en Viñetas desde o Atlántico

    Non, non, non pasa nada malo. Ninguén da organización da feira coruñesa do cómic ten problemas de saúde (que eu saiba). O que si que confirman é que este ano contaremos coa presenza de Mark Buckingham, un debuxante/entintandor (¿calcador?) que aínda que tamén faga cousas de superheroes coido que...
  • Desinformación.com (e os dominios de primeiro nivel)

    Entre os días 22 e 26 deste mes, París acolleu unha xuntanza de ICANN na que se avanzaría nos temas nos que levan un par de anos a traballar para a aceptación de novos dominios de primeiro nivel pero, misteriosamente tras unha entrevista ao presidente da Asociación, Paul Twomey,...
  • Adeus, Michael Turner

    Non gusto das necrolóxicas, e aínda que esta semana me apenou o pasamento do cómico George Carlin (a quen adoro tanto polas súas aparicións nas películas de Kevin Smith como nas de Bill e Ted), a nova que lin hoxe me deixou moi impactado, xa que o debuxante de...