-
Xa hai lugar e data para o Zapping On Tour, que despídese ata despois do verán este venres, polo que non podedes faltar se estades pola Coruña. Para ir abrindo boca, aquí deixo a gravación do programa do mes pasado (¡co retorno de Antonio María e Miguel Ángel e...
-
Resulta un tanto sorprendente que un dos primeiros vídeos sobre o funcionamento real do novo iPhone 3G S veña do Brasil, da man da xente de Mydock. Para quen non queira matarse a ler as prestacións do móbil, é un bo xeito de introducirse no mesmo: Sorprende ver a...
-
A xente de Marca, durante as retransmisións dos partidos, preparan unhas pezas de vídeo con gráficos 3D nos que repasan os mellores momentos, pero coma o fan ás presas, de cando en vez cólanse tomas falsas como a seguinte: Na web de Marca xa está corrixido o vídeo, pero...
-
Os discos ópticos (CD ou DVD) é normal mercalos en tarrinas en vez de en caixas porque saen moitísimo máis baratos e ocupan menos sitio, pero se temos que pasarlle un disco a algún amigo temos que procurar ter sobres (de papel ou de plástico) na casa, o que...
-
A historia repítese, e a cámara de Patricia Ferrol volveu captar a un camión descansando na Vedra. Supoño que é un Transformer que viña de concentración para ver o vindeiro venres a nova película dos seus colegas, pero cansou de andar tantas horas na estrada e decidiu botar unha...
-
Non sei que pasou hoxe, pero a nova de que a xente de GameStop ofrecía a PlayStation 3 por 229,98 euros + 5 xogos (ou por 369,98 euros se non entregamos xogos) apareceu en El Mundo pero está a ser ignorada polos blogs e webs de videoxogos (mentres comentan...
-
En RadioVoz veñen de comentar que na serie Mentes Criminales citaron a Santiago de Compostela coma se fose o nome dunha igrexa galega, o que finalmente corrixiron na dobraxe: Na versión orixinal o diálogo era o seguinte: – According to my snooping, both Matthew Benton and Thomas Valentine Traveled...
-
Nos últimos días está a ter moita popularidade un vídeo no que un tolambrán disfrazado de Ryu imita a fase de bonus do Street Fighter II destrozando un coche nun tempo limitado para facer puntos: Do que non parece decatarse a xente é que o clip é un anuncio...
-
Onte pola tarde presentouse o novo iPhone 3G S, o que levou a varias persoas a preguntarme o meu parecer sobre o terminal, e teño que admitir que estou decepcionado, porque como posuidor dun iPhone clásico ou 2G estaba a agardar un modelo revolucionario que me animase a renovar...