10 Xuño, 2009
Nos últimos días está a ter moita popularidade un vídeo no que un tolambrán disfrazado de Ryu imita a fase de bonus do Street Fighter II destrozando un coche nun tempo limitado para facer puntos:
Do que non parece decatarse a xente é que o clip é un anuncio da cámara Sansung HMX-H106. Vaia, un caso máis de marketing viral, que neste caso toca a fibra dos gamers, que lembran con moito cariño o meirande xogo de loita para máquinas recreativas:
E se preguntades pola cámara, para non ser capaz de funcionar a 1.080p, pois nesa liña hai cámaras como a Toshiba Camileo H20 que custa menos de 200 euros en España (aínda que a cámara de Samsung é moi superior no que a estabilización de imaxe se refire).
Debe estar conectado para enviar un comentario.