O perigo de publicar tomas falsas

A xente de Marca, durante as retransmisións dos partidos, preparan unhas pezas de vídeo con gráficos 3D nos que repasan os mellores momentos, pero coma o fan ás presas,...

A xente de Marca, durante as retransmisións dos partidos, preparan unhas pezas de vídeo con gráficos 3D nos que repasan os mellores momentos, pero coma o fan ás presas, de cando en vez cólanse tomas falsas como a seguinte:

Na web de Marca xa está corrixido o vídeo, pero a cousa non deixa de ter a súa graza, aínda que existe a posibilidade de que todo fose un fake. De todos os xeitos, hai que lembrar que nas tomas falsas de cada gravación un tende e dicir burradas para desfogarse, pensando en que non as oe ninguén, e que accidentalmente subisen unha toma mala en vez dunha boa é moi probable.
Iso si, a min que me expliquen o que facía Pikachu xogando con Exipto. ¿Non o víchedes? Fixádemos no gráfico interactivo que publican en Marca.com:
Gráfico interactivo de Marca.com
Poké Ball¡Está cheo de Poké Balls! ¡Exipto é un equipo de Pokémons!
O que non sei e se no partido en concreto xogou Pikachu, Raichu ou su putísima madre.
Pola parte do Brasil tampouco sei se teñen un tipo específico de Pokémon. ¿Teñen nacionalidade estes seres que o mes pasado lideraron as vendas de videoxogos en España? Si, despois de tantos anos, cada vez que sae un xogo de Pokémon para a Nintendo DS convértese no título máis vendido, superando a Mario, FIFA, Kratos e a quen sexa. ¿Para qué lanzar xogos coma Metal Gear Solid ou Final Fantasy se logo Pikachu arrasa con todos sen esforzarse?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS