• Ricardo Galli en Cámara Abierta (La 2)

    Onte, o fundador de Menéame.net abriu o programa Cámara Abierta de La 2 de Televisión Española (o incrustador de vídeos de TVE vai cando lle cadra, pero o clip pode verse sen problema na web do ente público): Pero o máis rechamante de toda a intervención de Galli foi...
  • Televisión Española: ¡iso chámase censura!

    A pasada noite, ao meterme na camiña, déuseme por mirar as actualizacións de Twitter no iPhone e vin que había comentarios múltiples sobre un tal John Cobra que montara todo un rebumbio na gala para elixir candidato para Eurovisión, cunha ligazón a YouTube para ver o momento, e non...
  • Debate sobre a banda larga en RadioVoz

    Esta mañá, co gallo do Plan de Banda Larga en Galicia 2010-2013, tivo lugar unha tertulia no programa Voces de Galicia de RadioVoz no que coincidimos no estudo coruñés Patricia Ferrol, Javier Wicho Pedreira e o que subscribe, reiterando argumentos que temos comentado noutras ocasións: Isidoro Valerio rematou o...
  • Os números telefónicos de tarificación especial

    Onte no Bos Días, Miguel López, secretario da Unión de Consumidores de Galicia, explicou con bastante acerto o funcionamento dos números de tarificación especial, que poden causar máis dun susto: Coma di Miguel, é recomendable avisar ao operador de telefonía que queremos bloquear o acceso a este tipo de...
  • Bos Días as novidades de telefonía presentadas no Mobile World Congress

    A miña colaboración de hoxe no Bos Días da TVG centrouse na feira de telefonía móbil que tivo lugar estes últimos días en Barcelona, e na que puidemos ver o futuro Windows Phone 7 Series (sistema operativo para móbiles co que sorprendeu Microsoft, e que aproveitou a experiencia que...
  • A polémica da depuradora do Polígono de Melide

    Hoxe avisáronme de que en El Progreso publicaban unha entrevista a Soqui Cea, alcaldesa de Melide, e cal foi a miña sorpresa ao ver que este contido aparecía destacado na cabeceira de portada da publicación luguesa, o que levoume a pensar que había tomate pero vinme claramente decepcionado ao...
  • Bos Días ao Google Buzz

    Esta mañá no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro da principal novidade tecnolóxica da semana, o Google Buzz, ese intruso que apareceu no Gmail que para algúns é un mundo novo de posibilidades e para outros unha dor de moas: Dende Google recibiron moitas...
  • Son Goku volve á Nintendo DS

    Estou emocionado cos anuncios do novo xogo de Son Goku para a Nintendo DS, pois o xogo parece que volverá a ser moi fiel á serie As Bolas Máxicas: O mellor de todo é cómo o promocionan. Por exemplo, teñen un anuncio retro co que case morro de risa...
  • Bos Días á conexión do PC co televisor

    Esta mañá no Bos Días da TVG falamos de cómo conectar o ordenador ao televisor: Tras o lío dos cables, está o feito da utilización do PC coma Media Center grazas ao programa Telebisión, ao que recomendo botar un ollo: ¡Cagheina! ¡Cagheina! ¡Cagheina! Si, si, tedes razón, a TDT...