Bos Días á conexión do PC co televisor

Esta mañá no Bos Días da TVG falamos de cómo conectar o ordenador ao televisor: Tras o lío dos cables, está o feito da utilización do PC coma Media...

Esta mañá no Bos Días da TVG falamos de cómo conectar o ordenador ao televisor:

Tras o lío dos cables, está o feito da utilización do PC coma Media Center grazas ao programa Telebisión, ao que recomendo botar un ollo:

¡Cagheina! ¡Cagheina! ¡Cagheina! Si, si, tedes razón, a TDT tamén pode gravarse en vídeos VHS a través do euroconector, e precisamente caín na conta ao saír do plató, e contactei coa persoa que fixo a pregunta para informala axeitadamente. Que non se diga que queremos enganar á xente para que deixe de utilizar tecnoloxías obsoletas. 😮

Por outra banda, teño que recoñecer que fíxome moi ilusión atopar en maquillaxe a Tamara Canosa, a quen había tempo que non vía en persoa, e coa que Carlos Amado e Laura Casares fixeron un interesante repaso da súa carreira:

¡Cómo medrou a moza de Fito! 😉

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS