Bos Días as novidades de telefonía presentadas no Mobile World Congress

A miña colaboración de hoxe no Bos Días da TVG centrouse na feira de telefonía móbil que tivo lugar estes últimos días en Barcelona, e na que puidemos ver...

A miña colaboración de hoxe no Bos Días da TVG centrouse na feira de telefonía móbil que tivo lugar estes últimos días en Barcelona, e na que puidemos ver o futuro Windows Phone 7 Series (sistema operativo para móbiles co que sorprendeu Microsoft, e que aproveitou a experiencia que gañou a compañía co seu reprodutor multimedia Zune) e algunha novidade sobre os móbiles con Android, entre os que destacan os de HTC:

Se queredes ver a última innovación da que falo (Google Goggle), botade un ollo ao seguinte vídeo:

Tamén falamos un chisco do Plan de Banda Larga 2010-2013 que persegue achegar o acceso á Internet de alta velocidade a toda Galicia (podedes ver a entrevista a Mar Pereira íntegra en YouTube, así como a cobertura que deron do asunto no Telexornal).
Este tipo de iniciativas tenden a ser unha declaración de intencións, pero agardemos que desta volta os cidadáns que quedaron fóra do PEBA (anterior plan estatal que rematou cun resultado patético) poidan optar a conexións decentes á Rede e, especialmente, a un prezo moderado.
De todos os xeitos, coa evolución das infraestruturas de telefonía móbil coido que moita xente verá solucionada a súa conectividade sen ter que acudir a plans deste tipo, aínda que atopar a tecnoloxía axeitada a cada situación é todo un reto.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS