Son Goku volve á Nintendo DS

Estou emocionado cos anuncios do novo xogo de Son Goku para a Nintendo DS, pois o xogo parece que volverá a ser moi fiel á serie As Bolas Máxicas:...

Estou emocionado cos anuncios do novo xogo de Son Goku para a Nintendo DS, pois o xogo parece que volverá a ser moi fiel á serie As Bolas Máxicas:

O mellor de todo é cómo o promocionan. Por exemplo, teñen un anuncio retro co que case morro de risa (¡pensar que antes os xogos eran así de cutres!):

Pero polo que comento hoxe o tema no blog é polo último anuncio televisivo do xogo, que se o chegan a facer en galego, ata podería facerme chorar:

¡Siiiiiii! A canción é a de ti tamén queres amor, e alegrar o corazón…. Unha mágoa que na TVG non vaian botar este anuncio dobrado ao galego 🙁

ACTUALIZACIÓN: En Kotaku publican agora un novo vídeo promocionando o xogo que dáme gañas de aprender a tocar o piano:

Para os que non teñan moita memoria (ou poucos anos), velaquí a canción orixinal en galego:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...
  • O cine friki de 2017

    Parece que imos ter un 2017 dun friki subido se atendemos ás estreas cinematográficas que, aínda que non teñen unha data totalmente pechada, quedarían aproximadamente do seguinte xeito: 13...
  • Tecnoloxía para o ano 2017

    Esta semana chamáronme do programa Área Pública da Galega para ver se podiamos facer un pequeno adianto do que será a tecnoloxía durante o ano que entra: Aínda que...