Debate sobre a banda larga en RadioVoz

Esta mañá, co gallo do Plan de Banda Larga en Galicia 2010-2013, tivo lugar unha tertulia no programa Voces de Galicia de RadioVoz no que coincidimos no estudo coruñés...

Presentación do Plan de Banda Larga
Esta mañá, co gallo do Plan de Banda Larga en Galicia 2010-2013, tivo lugar unha tertulia no programa Voces de Galicia de RadioVoz no que coincidimos no estudo coruñés Patricia Ferrol, Javier Wicho Pedreira e o que subscribe, reiterando argumentos que temos comentado noutras ocasións:


Iván Puentes, un alcalde conectadoIsidoro Valerio rematou o programa comentando o caso dun alcalde que está moi posto niso das TIC, e para quen non o collera, estabamos a falar de Iván Puentes, a quen entrevistaron hai pouco en La Voz de Galicia para dar conta do uso que fai o edil da Rede.
Non é que todos os políticos deban seguir o seu exemplo, pero estaría ben que os consistorios municipais tivesen máis presente a web como canle de comunicación para os cidadáns, de xeito que no rural galego haxa máis información de utilidade que poña en valor a Internet para unha poboación que actualmente está en exclusión dixital, pero que en boa medida é pola reducida utilidade que atopan á Rede.

Para rematar, teño que precisar, por se acaso, que a fenda dixital é a división que separa aos usuarios das TIC do resto da poboación, e non outras cousas:

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS