-
Durante os últimos días falouse moito do fallo de deseño da antena do iPhone 4, e dende CollegeHumor bromean co que Steve Jobs podería querer dicir (especialmente á xente de Gizmodo) na rolda de prensa que deu o pasado venres: Eu persoalmente non gustei nada do xeito no que...
-
Esta mañá recibín unha invitación a través de Facebook para o concerto que mañá pola noite terá lugar na Sala 600 de Melide, e aínda que estarei pola Coruña a esas horas, coido que non está de máis avisar por aquí de que a banda local Alterazión del Orden...
-
Esta mañá abriu a tenda de Ikea en A Coruña, e aínda que non tiña un interese especial en vela, Vicente Piñeiro instoume a pasar por alí a mercar unha cadeira rotatoria de oficina que parece feita para min, ou cando menos iso reza o seu nome: Markus. Iso...
-
Xa teño falado de Comando G neste espazo, e o feito de que Imagi Studios (responsables da última película das Tartarugas Ninja na grande pantalla) estean detrás dun novo proxecto titulado Gatchaman éncheme de esperanza, especialmente ao ver que a súa aparencia resulta moi convincente no último anaco de...
-
Non esperaba publicar nada sobre o asunto, pero en vista de que comezan a chegarme imaxes por correo electrónico, dou aquí conta das mesmas, por se a algún melidense faille ilusión rememorar a vitoria da Selección e a súa celebración no cruce da vila. Por correo electrónico circulan imaxes...
-
O pasado venres no programa Trobeiros de Compostela de Correo TV contaron coa presenza do ex alcalde de Melide, Miguel Pampín Rúa, quen visitaba o programa en calidade de presidente e grande mestre da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago. Esta tarde subiron o vídeo a...
-
Quen non corre, voa, e a axencia Impact BBDO xa ten un anuncio de Pepsi inspirado no coñecido polbo Paul. Esperemos que pasado o domingo os medios esquezan ao ridículo octópodo, pois é absurdo que estean a dedicarlle máis tempo que a novas de verdade, e facer incluso conexións...
-
Non sei cómo tomar a última entrega de Fan Letal en Zona Negativa, pois Cels Piñol emprega un iPad para ilustrar a evolución do cómic á era dixital dun xeito bastante atinado, que sitúame entre a risa e a reflexión: Coido que coa imaxe quedan claros varios conceptos: –...
-
As carteleiras cinematográficas están a ser algo cutres este verán, e para melloralas quero propor que compensen a nova entrega da saga Crepúsculo cunha versión apta para homes: ¿Alguén dubida que tal adaptación funcionaría en taquilla? Pero estamos ante unha película hipotética, mentres que dende Xapón achegan unha película...