Miguel Pampín visita aos Trobeiros de Compostela

O pasado venres no programa Trobeiros de Compostela de Correo TV contaron coa presenza do ex alcalde de Melide, Miguel Pampín Rúa, quen visitaba o programa en calidade de...

O pasado venres no programa Trobeiros de Compostela de Correo TV contaron coa presenza do ex alcalde de Melide, Miguel Pampín Rúa, quen visitaba o programa en calidade de presidente e grande mestre da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago. Esta tarde subiron o vídeo a YouTube e por se algún melidense ten interese polo tema e perdeu o programa incluso nas súas reemisións da fin de semana, velaquí están os cortes:

Deixando un pouco de lado a peculiaridade dos presentadores do programa (dos que xa temos comentado cousas nos pasados meses) teño que admitir que quedei pampo ao ver a Pampín falando en español en Correo TV, principalmente porque coido que sempre o escoitei falar en público en galego. Aínda que dubido que moita xente se decatese do que dicía o antigo rexedor melidense, pois Cancio, Rial e Solera eclipsan a calquera.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS