Dinme que teño que pasar por Ikea

Esta mañá abriu a tenda de Ikea en A Coruña, e aínda que non tiña un interese especial en vela, Vicente Piñeiro instoume a pasar por alí a mercar...

cadeira MarkusEsta mañá abriu a tenda de Ikea en A Coruña, e aínda que non tiña un interese especial en vela, Vicente Piñeiro instoume a pasar por alí a mercar unha cadeira rotatoria de oficina que parece feita para min, ou cando menos iso reza o seu nome: Markus.
Iso si, a cabrona custa 159 euros e ten un deseño excesivamente sobrio (por non dicir que me parece horrenda e sen xeito), polo que supoño que deixarei morrer o conto; aínda que admito que é todo un detalle que poida comprobar na páxina web de Ikea se hai existencias da cadeira en A Coruña (así coma o feito de que estean a galeguizar o seu espazo na Internet). Se fixeran iso máis establecementos esvitariamos moitas viaxes en balde.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS