Abril, o mes do hype

Se hai unha palabra que para os frikis do mundo describa a sensación que predomina este mes sen dúbida sería hype ou expectación, xa que estamos nun momento no...

Se hai unha palabra que para os frikis do mundo describa a sensación que predomina este mes sen dúbida sería hype ou expectación, xa que estamos nun momento no que coinciden grandes fenómenos da cultura popular que levan anos entre nós, e que agora chegan ao seu desenlace.

Xogo de Tronos

Juego de Tronos

Temos así que esta mesma fin de semana remata co inicio da derradeira tempada de Game of Thrones, serie que xa é de culto, e que sen dúbida serve de motor para a contratación da plataforma dixital de vídeo baixo demanda de HBO.

Os Vingadores

Pero nas salas cinematográficas tamén temos dous grandes fenómenos que pechan este ano. O primeiro deles é The Avengers: Endgame, que se ben non é a derradeira serie do Universo Marvel Cinematográfico, si é a que supón o peche dunha historia que leva máis de dez anos na grande pantalla, e que tras a última película dos Vingadores deixou ao público impaciente por coñecer o remate desta aventura épica.

Star Wars: Episodio IX

O retorno de Lando é un dos grandes reclamos nostálxicos do Episodio IX de Star Wars

E no que a aventuras épicas se refire, tamén este ano diremos adeus á terceira triloxía de Star Wars, coa chegada dun Episodio IX do que por fin temos imaxes, e que promete apostar pola nostalxia para atraer ao público veterano, á vez que incluirá moitos elementos para enganchar ao público mozo, que consumirá outros produtos da franquía nas vindeiras décadas.

O mellor que podemos dicir desta nova entrega de Star Wars é que Disney decidiu que, tras a desfeita do filme de Solo, van deixar repousar a franquía nos cines, polo que nos vindeiros anos veremos producións como The Mandalorian ou unha nova tempada de The Clone Wars, pero non superproducións cinematográficas, o que permitirá que o público tome un descanso para que dentro duns anos poidamos gozar dunha nova triloxía totalmente renovada, fresca e ben pensada, que axude a esquecer a improvisación desta última.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS