Franchi vén de mandarme a seguinte fotografía:
Agora a dúbida sería: ¿cantos puntos lle quitarían ó condutor por tal infracción de tráfico?
A verdade é que a pregunta é complexa, e eu sosteño que lle quitarían 3 puntos e o multarían por un máximo de 150 euros xa que o acompañante non leva casco homologado e non vai sentado a horcajadas (coas patas traseiras nos reposapés e as patas dianteiras nos asideiros correspondentes).
Pero reflexionando un pouco máis quedoume unha dúbida: ¿afectan os puntos ás licenzas de ciclomotor? E resulta que si, pois a expresión “carné por puntos” é o nome informal do “permiso por puntos” e non afecta só ós canés, aínda que non creo que lle fagan moito caso a tal, porque eu sigo a ver moitos coches sen carné en circulación, e eses conductores por normal xeral fan tantas infraccións que sería unha milagre que conservasen os puntos.
Debe estar conectado para enviar un comentario.