Black Eyed Violins

Dende este espazo xa teño comentado que gusto dos Black Eyed Peas (unha mágoa que a Fergie teña aires de estrela e queira voar soa), e sen dúbida o...

Dende este espazo xa teño comentado que gusto dos Black Eyed Peas (unha mágoa que a Fergie teña aires de estrela e queira voar soa), e sen dúbida o meu vídeo favorito do grupo é o de Pump It (canción que aparecía na banda sonora de Pulp Fiction):
Estes días está a dar a volta ó mundo en distintos blogs esta canción, pero nunha orixinal interpretación ó violín:
O mellor non é que use o violín para tocar, senón o xeito no que baila a canción… ¡que risa! A Lindsey si que sabe cómo animar unha canción interpretada co violín. En vista de que a versión dos Black Eyed Peas xa superou as 300.000 visitas apostaría algo a que a Srta. Stamp vai ser unha desas fugaces estrelas no YouTube. ¿Canto tardará en saír nos programas de zapping televisivo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS