TUCAFE, con tendas en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra, vén de marcarse unha campaña publicitaria con aspiracións virais que ten toda a pinta de conseguir moita difusión. Inicialmente organizou unha operación kilo na que repartiron 117 fardos de 1 quilo cada un, envoltos dun xeito que simulan a portada do libro Fariña, pero indicando que a súa procedencia é Colombia.
Para botar máis leña ao lume, anunciaron que o 3% do café está reservado para Bea Gondar, para que non os denuncie, como ao libro de Nacho Carretero.
«El torreracto es pa Terito y los viejos, el café de especialidad es el futuro»
Toda unha mostra de humor que poderá transcender da mera curiosidade na prensa grazas a que vén acompañada por unha canción de Gonzalo Arca titulada Puta Madre, Son de Arousa, coa seguinte letra:
Puta madre!
Ameixas e mexilóns ghrandes coma os meus collóns
Estasme oíndo?
Desembarco pola noite e cárghome pola mañá
Sobran cuartos
Pola tarde ó espertar volto outra ves para o bar
Que apetito!!
O TABACO PRA TERITO, LAUREANO E MÁIS CHARLÍN
A FARIÑA É O FUTURO NON MO CANSO DE DISIR
PUTA MADRE, SON DE AROUSA, PUTA MADRE, SON DE AROUSA
MAKE CAMBADOS GREAT AGAIN E NON MIRES PRA NINGUÉN
PUTA MADRE, SON DE AROUSA
Xa mo disía meu pai e tamén a miña nai
«Droghadito,
Tanto ir a traballar pra non ter un puto can,
Vai con Sito!!!»
O TABACO PRA TERITO, LAUREANO E MÁIS CHARLÍN
A FARIÑA É O FUTURO NON MO CANSO DE DISIR
PUTA MADRE, SON DE AROUSA, PUTA MADRE, SON DE AROUSA
MAKE CAMBADOS GREAT AGAIN E NON MIRES PRA NINGUÉN
PUTA MADRE, SON DE AROUSA
PUTA MADRE, SON DE AROUSA
PUTA MADRE, SON DE AROUSA
Bravo por Marcos Ramos e o seu valor ao lanzar unha campaña tan orixinal como divertida.
Debe estar conectado para enviar un comentario.