7 Novembro, 2012
O espectáculo de humor e DJ iLalelo volve a Melide o vindeiro venres, de xeito que os seareiros de Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño poderán velos actuar na Fundación a partires das 23:30 horas por só 3 euros. Toda unha ganga se temos en conta que ao día seguinte están no Café Roi Xordo de Allariz cunha entrada a 9 euros.
Para facervos unha idea do que achegará esta simpática experiencia temos o trailer do chou:
Debe estar conectado para enviar un comentario.