Gwyneth Paltrow por España en Viajar

Os usuarios de R temos de balde ata setembro a canle Viajar, de xeito que poderemos ver a serie de documentais Spain… on the road again da que Manuel...

Os usuarios de R temos de balde ata setembro a canle Viajar, de xeito que poderemos ver a serie de documentais Spain… on the road again da que Manuel Gago falou hai meses, e da que o mes pasado vin unha adaptación en forma de libro na FNAC:
libro de Batali na FNAC

Incluso podemos ver no seu interior a anécdota galega da serie, que deuse na Parada das Bestas de Palas de Rei, onde a Paltrow cambiou uns cueiros:
Paltrow na Parada das Bestas

Ás 21:30 horas emítese a primeira entrega desta serie (é unha redifusión) e os días 20 e 27 poderemos ver a etapa galega destes curiosos documentais gastronómicos, que poden descargarse a toda velocidade a través de BitTorrent na súa edición en inglés.
Paréceme toda unha coincidencia que R bote en aberto a canle Viajar xusto cando emiten uns programas nos que podemos ver a Gwyneth Paltrow por Galicia.

ACTUALIZACIÓN: Como ben di Gayoso, na web da Parada das Bestas publican un fragmento do programa:

Para velo en español haberá que agardar ao luns que vén.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS