Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con Isabel Durán, bastantes anos antes, nos comezos da Galega, xa tiña un oco na pequena pantalla facendo gala do humor que o fixera célebre en toda Galicia a través das súas distintas cintas de chistes. Como adaptación deste tipo de humor puidemos ver as súas Telenovas (que se non me falla a memoria estaban dentro do programa Arestora de Fidel Fernán e María Xosé Rodríguez):
Tamén fixo nesa época algún sketch bastante curioso:
Sorprende que conseguise pasar do xénero humorístico a conducir un espazo como foi no seu día o Vivir Aquí, que servía principalmente para denunciar problemas no rural galego e logo facer un seguimento dos mesmos para instar á súa solución.