¡Volven Nucha e Mucha!

¡Grande nova! Tras un período fóra das pantallas, e aínda que non se lles botase moito en falta grazas a Tourilandia e Era Visto, as fillas da Conexa volven...

¡Grande nova! Tras un período fóra das pantallas, e aínda que non se lles botase moito en falta grazas a Tourilandia e Era Visto, as fillas da Conexa volven á pequena pantalla, segundo indica unha nota de prensa:

As Cantareiras de Ardebullo volven á Televisión de Galicia para protagonizar un programa especial o 25 de decembro

Por segundo ano consecutivo, Mucha e Nucha, as coñecidas Cantareiras de Ardebullo, volven á Televisión de Galicia polo Nadal. Se hai doce meses foi para vivir toda unha aventura que rematou en New York, desta volta

os personaxes aos que dan vida os actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro son protagonistas dun sensacional espectáculo televisivo con público que combina as típicas conversas entre as Fillas da Conexa cunha interesante trama na que se dan cita outros tantos personaxes encarnados por algúns dos grandes actores galegos do momento.

No programa non faltan os bailes e coreografías para os que as propias Mucha e Nucha interpretan coñecidas cancións do panorama internacional, nalgúns casos de moita
actualidade. Fano coa axuda dun elenco de actores e actrices de luxo, formado por David Amor, Víctor Fábregas, Xulio Abonjo, María Mera, Tony Lomba e Pepo Suevos.
O programa, de hora e media de duración, emitirase na Televisión de Galicia o martes 25 de decembro, contra as 22.00 horas. Trátase dunha coprodución para a canle autonómica de tres das empresas con máis experiencia no sector audiovisual galego como son Ficción Producciones, Airapro e LP45 Producciones, con Audiovisual de Servicios Kairos.

As Cantareiras de Ardebullo, todo un fenómeno social do humor en Galicia

Touriñán e Pereiro meténdose na pel das Cantareiras de Ardebullo

Os actores cullerdenses Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán danlle vida a esta parella cómica coñecida en toda Galicia: as famosas Mucha e Nucha, convertidas en todo un
fenómeno social logo das súas aparicións durante varios anos no programa de televisión Luar e decenas de actuacións por festas e verbenas de todo o país.

Un ano máis, como El Almendro, as Cantareiras de Ardebullo volven a casa polo Nadal. Como a esa hora xa tiña cita pedida cos Matalobos, o martes da semana que vén tocará ver o que van a ofrecer estas estrelas do panorama audiovisual galego.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...