Ghaioso no Banda Ancha da Radio Galega

Hoxe tivemos un programa moi especial do Banda Ancha da Radio Galega, xa que contamos coa visita do célebre presentador televisivo Xosé Ramón Gayoso, quen compartiu coa audiencia a...

Hoxe tivemos un programa moi especial do Banda Ancha da Radio Galega, xa que contamos coa visita do célebre presentador televisivo Xosé Ramón Gayoso, quen compartiu coa audiencia a súa relación co mundo da tecnoloxía.

O Ghaioso pasou polos micrófonos da Radio Galega para falar de tecnoloxía

A moitos seguro que lles sorprende que o Ghaioso, pese ao que poida parecer pola temática enxebre do Luar, viva a tecnoloxía con cotidianidade, aproventando as súas posibilidades para comunicarse, para consumir contidos e para ceibar a súa creatividade.

Si, si, que Xosé Ramón Gayoso leva smartphone, usa WhatsApp, ten un flamante iMac na casa e non pode vivir sen a súa cámara réflex dixital. Vaia, que moitos dos mozos que hoxe presumen de estar á última é posible que non cheguen ao nivel de experiencia do presentador decano da TVG. Iso si, a Gayoso pásalle o mesmo que a moitos outros cidadáns: non quere tirar o televisor de tubo ata que se lle escangalle.

E para os despistados, o Gayoso non está en Facebook, aínda que poida parecelo, o que comparte con moitas outras figuras públicas que consideran que antes que estar mal é mellor non estar.

Agora que entrevistamos a Gayoso, temo o nivel moi alto, e resultará complicado volver a falar con alguén tan relevante, pois aínda que intentaremos conversar con Superpiñeiro, non será o mesmo. O Ghaioso é moito Ghaioso.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS