A alma da máquina

Tras toda unha serie de pílulas de vídeo para ir abrindo boca, por fin temos o primeiro tráiler do filme de Ghost In The Shell, que finalmente subtitulan como...

Tras toda unha serie de pílulas de vídeo para ir abrindo boca, por fin temos o primeiro tráiler do filme de Ghost In The Shell, que finalmente subtitulan como El Alma de la Máquina en España en vez de Patrulla Especial Ghost como se chamara aquí o manga inicialmente:

Estamos ante unha produción chea de polémica, xa que elixir a Scarlett Johansson para interpretar á maio Motoko Kusanagi pode chegar a considerase insultante, por non ser unha actriz asiática, pois a historia está claramente ambientada no Xapón, de aí que o único sentido da elección da actriz é, en vez de contentar aos seareiros do manga e o anime, atraer á meirande parte do público posible ao contar cunha protagonista que resulta familiar ao público.

O efecto reclamo de Johansson é innegable, polo que coido que o beneficio da dúbida o teñen merecido, pero cando chega este adianto teño claro que a inspiración é o filme de animación de Mamoru Oshii, do que chegan a calcar secuencias, en vez da obra orixinal ou das series de televisión posteriores, resultándome bastante incómodo o detalle de que parecen dar a entender que Motoko é unha especie de Robocop, afastándose bastante do universo creado por Masamune Shirow, onde a cibernética era algo moi corrente e, aínda que o feito de que a maior fose totalmente prostética fose pouco habitual, iso simplemente empregábase como un argumento máis para abordar un tema recorrente na literatura cyberpunk: pode a alma humana transcender o corpo? De feito, nas series de televisión incluso teñen dúbidas sobre se as máquinas poden chegar a desenvolver alma de seu.

Descoñezo se o personaxe que sae ao final é o Marionetista do filme de Oshii, ou se a historia principal se afastará desa trama e inspirarase nas moitas que pululan ao redor da Sección 9, pero o que parece claro é que van darlle un protagonismo excesivo a Motoko Kusakagi, de xeito que é posible que teñamos menos acción e máis introspección da que sería desexable nunha obra deste tipo. En poucos meses sairemos de dúbidas.

Cartel promocional do filme

Cartel promocional do filme no que apuntan a que chegará aos cines en marzo de 2017

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • San Diego Comic-Con, tráilers a mogollón

    Unha ano máis a Comic-Con de San Diego confirmou que xa non é un evento centrado na banda deseñada, senón na industria do lecer en xeral, de xeito que...
  • Unha semana para Wonder Woman

    A primeiros de mes estreouse nunha chea de países o filme de Wonder Woman, polo que levo moitos meses esperando con ilusión, principalmente para poder comprobar se queda esperanza...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • Supergirl promociona o filme de Wonder Woman

    A pasada noite a serie de televisión de Supergirl despediu a súa segunda tempada, e aproveitaron a ocasión para facer publicidade do novo filme de Wonder Woman protagonizado por...