Powers chegará no inverno á televisión (cun reparto moi mellorable)

Cando a pasada primavera Sony anunciou que faría unha serie de televisión baseada no cómic de Powers, unha das miñas coleccións favoritas, entusiasmeime, especialmente pola imaxe que circulaba pola...

Powers na PSN

Cando a pasada primavera Sony anunciou que faría unha serie de televisión baseada no cómic de Powers, unha das miñas coleccións favoritas, entusiasmeime, especialmente pola imaxe que circulaba pola rede de Jason Patric facendo de protagonista nun piloto que produciron en 2011, pois o papel de Christian Walker parecía acaerlle ben, pero agora que a serie xa está próxima á súa estrea, non podo máis que temer o desastre polo que parece unha selección de reparto moi desafortunada.

cómic de Powers

É que Christian Walker é un ex superheroe cun pasado misterioso que agora traballa nunha división policial especializada en delitos nos que hai poderes involucrados, e que ten unha nova compañeira, Deena Pilgrim, unha loura bastante dura que non para de meterse en enredos.

Sharlto Copley e Susan Heyward

Enki SunrisePois por algún motivo que se me escapa, en vez de coller a un tío medianamente cachas, para o papel de Walker elixiron ao protagonista de Distrito 9, que en aparencia non pega nin con cola. Pero bastante peor son os personaxes femininos, xa que para facer de Deena Pilgrim colleron a Susan Heyward, unha muller negra, que non garda ningunha aparencia física co Pilgrim, pero si con Enki Sunrise, unha detective que substituíu a Pilgrim no corpo mentres a investigaban dende asuntos internos. Ou sexa, que mesturaron dous personaxes da serie sen vir a conto.

Cartel promocional da serieTamén mete medo que para facer da superheroína Retro Girl escollesen a Michelle Forbes (a quen algúns lembrarán polo seu papel de deusa en True Blood ou por interpretar á chunguísima Almirante Helena Cain en Battlestar Galactica), ou sexa, a unha actriz de 49 anos, o que de ningún xeito pega unha Girl. Supoño que inventarán algo para que encaixe na trama, pero paréceme bastante raro que incluso collan a unha actriz de máis idade que Sharlto Copley. Darei por feito que a actriz non vai pasar da primeira tempada, para que apareza unha nova Retro Girl como na banda deseñada.

O curioso é que, pese á desfeita de casting, o primeiro trailer da serie ten boa pinta:

Agora haberá que agardar a que en decembro a estreen na PlayStation Network para ver se esta adaptación paga a pena, e esperemos que algunha canle de televisión tradicional achegue a serie a España.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS