FreedomPop mellora o servizo empregando a rede de Movistar

A experiencia de uso con FreedomPop estaba a ser moi decepcionante, por algo tan sinxelo como que quedaba sen liña cada vez que ía ao supermercado do barrio, e...

SIM de FreedomPopA experiencia de uso con FreedomPop estaba a ser moi decepcionante, por algo tan sinxelo como que quedaba sen liña cada vez que ía ao supermercado do barrio, e tampouco tiña cobertura no garaxe onde, curiosamente, con Vodafone hai incluso cobertura LTE. En vista dese decepcionante servizo non me sorprendeu moito recibir hoxe un e-mail da compañía agradecendo a participación na súa beta, instando a facer unha selección manual de operador para elixir Movistar e «para asegurar a maior velocidade en todo momento».

Fixen tal e a cobertura parece que vai bastante mellor, e quixen probar primeiro a velocidade de conexión con WhatsApp (por aquilo de que a proba non consume datos) para o que intentei compartir un vídeo de 12 MB, cortándose a conexión aos 10 minutos, co 75% subido. Tras darlle a reintentar, levoulle 3 minutos e medio completar a subida, polo que tería unha velocidade de subida media duns 128 Kbps con WhatsApp, o que non é ningunha marabilla, pero sería subidiente para compartir fotografías e textos sen problemas.

proba de velocidade de FreedomPopCon cobertura HSPA+ fixen un test de velocidade coa rede de Movistar e o resultado foi de 10,69 Mbps de baixada e 0,81 Mbps de subida, polo que serían unhas velocidades bastante competentes (xa as quixera algún para o seu ADSL!), especialmente para o prezo que ten FreedomPop, polo que, empregando a rede de Movistar non sería ningunha tolería contratar os seus plans de até 10 GB de datos, pois teñen uns prezos moi axustados que poden vir moi ben cando vaiamos estar uns días fóra da casa e queiramos poder seguir facendo uso da Internet.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS