¿Cal é a empresa melidense que quere levar Internet ao rural?

O outro día Ángeles Vázquez comentou no encontro dixital de El Correo Gallego que «o primeiro que faremos e que todos os veciños que así o desexen teñan conexión...

O outro día Ángeles Vázquez comentou no encontro dixital de El Correo Gallego que «o primeiro que faremos e que todos os veciños que así o desexen teñan conexión a internet, cousa que actualmente non sucede. E non será por non ter empresas en Melide que dan ese servizo e que a maioría dos concellos de Galicia os están contratando. O que non entendemos e como Socorro Cea, a pesares de ofrecerselle este servizo non quixo saber absolutamente nada del» e durante a presentación de candidatura popular engadiu que «temos unha empresa aquí formidable que leva o noso nome por todo Melide, e se houbera máis como ela pois non o podería dicir porque sería amiguismo ou competencia, pero dase a casualidade de que hoxe é fundamental ter cobertura de Internet en todos os lados. Esta empresa, que é de xóvenes emprendedores de aquí, de Melide, estana contratando en todos lados. En Melide danlles portazo. Temos que conseguir que Melide teña no rural conexión a Internet en todos os sitios, entre outras cousas porque os gandeiros, e a xente que vive no rural necesítano. Os xóvenes necesítano. E por outro lado, vemos que hai xente que vén, que regresa, e quere pasar aquí a súa xubilación, os últimos días da súa vida, e é fundamental. Así que conseguiremos Internet con esta empresa, e de xeito moi económico, para todos os melidenses, sexan de Melide ou sexan do rural» e eu quedei a cadros por varias cousas:
– non se dixo o nome da empresa en ningún momento
– non escoitei falar a ninguén antes da misteriosa compañía de emprendedores tecnolóxicos
– sorpréndeme que Ángeles comprométase a contratar unha empresa determinada para un servizo deste tipo (esas cousas deben saír a concurso, e a Xunta está a recorrer a Iberbanda en boa parte de Galicia para achegar a Internet ás aldeas por WiMAX, polo que parece máis razoable non abordar a problemática dende o ámbito local)
– no rexistro de operadores da Comisión do Mercado de Telecomunicacións non figura ningunha empresa na vila que poida dar tal servizo
Entendo así que estamos a falar dunha empresa con sede social fóra de Melide, que ten entre os seus promotores a algún melidense. ¿Pode alguén darme máis detalles sobre o tema?

ACTUALIZACIÓN: Avísanme, tanto nos comentarios como por correo electrónico, de que a empresa da que fala Ángeles é Intermax, propiedade de Javier Mouriño.
logotipo de Intermax
Vendo o que publican na súa páxina web entendo que está a ofrecer servizo de Internet de banda larga mediante o que chaman tecnoloxía 5G N mimo (din que é mellor que WiMAX, aínda que por ese nome non me vén nada, ou sexa, que é un termo inventado por eles), aínda que sen estar rexistrado como operador na CMT (algo que deberían arranxar se non queren ter problemas no futuro).
ACTUALIZACIÓN (19-5-2011): Contactei con Javier Mouriño e comentoume que o rexistro na CMT non está a nome da súa sociedade, senón a título individual, estando habilitado para dar servizo de «transmisión de datos – provedor de Internet».
Instalador
mapa de coberturaA solución tecnolóxica que ofrecen permite conexións de alta velocidade (entre 2 e 100 Mbps) sempre que teñamos visión directa ás súas antenas, o que limita a súa cobertura bastante, aínda que deberían de ter un bo número de emisores se temos en conta e o feito de que aseguran dar servizo aos concellos de As Nogais, Láncara, Sobrado dos Monxes, Palas de Rei, Triacastela, Páramo, Samos, Toques, Santiso e Melide (¿non dicían que lles pecharan as portas no Concello de Melide) e mesmo a unha asociación veciñal de Arzúa (en La Voz falan do tema, pero confunden a tecnoloxía sen fíos co ADSL).
Aseguran ter máis de 3.000 clientes (supoño que se referirán realmente a usuarios, pois senón estariamos a falar dunha empresa dun tamaño máis que considerable) e presumen de ter a rede sen fíos máis extensa de Galicia (¡ejem!) con máis de 4.000 Km2.
Antena receptora instalada
Os prezos do acceso á Internet a través desta compañía melidense serían de 35, 45 e 66 euros/mes para velocidades de 2, 4 e 6 Mbps, o que non está nada mal para quen non teña cobertura doutras tecnoloxías de banda larga.
A ver se máis adiante podo falar con esta xente para dar máis detalles do que fan.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...