Assassin’s Creed estrea tráiler: benvido á Santa Inquisición

Até decembro non poderemos ver nos cines o filme baseado na saga de videoxogos Assassin’s Creed, protagonizado por Michael Fassbender e Marion Cotillard, pero xa temos o seu primeiro...

Até decembro non poderemos ver nos cines o filme baseado na saga de videoxogos Assassin’s Creed, protagonizado por Michael Fassbender e Marion Cotillard, pero xa temos o seu primeiro tráiler oficial que dá bastantes pistas de por onde van os tiros:

Por unha banda temos que o protagonista non será Desmond Miles lembrando as vidas de Altaïr Ibn-La’Ahad, Ezio Auditore da Firenze, Edward Kenway e Ratonhnhaké:ton en Constantinopla, Florencia e os EE.UU., senón que teremos a Callum Lynch rememorando as aventuras do seu devanceiro Aguilar na España do século XV, ou sexa, que terá que enfrontarse á Santa Inquisición, na liña do que pasaba en Assassin’s Creed II: Discovery (xogo que só saíu para Nintendo DS e iOS, e que actualmente non está dispoñible na App Store).

Podemos considerar que o feito de que non vaia contarse a mesma historia que nos xogos é unha fortuna, pois así os filmes (pois se este trunfa non hai dúbida en que haberá secuelas) terán certa liberdade. Confiemos en que terán boa sorte e non quedarán só nunha boa achega estética na liña do que aconteceu con Prince of Persia (que a película tiña un acabado impresionante, pero non convenceu ao público, de xeito que non conseguiu converterse en saga).

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS